Investigan se Naturgy "falseou" a libre competencia

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) informou onte que está a investigar á distribuidora eléctrica do Grupo Naturgy, UFD, por posíbeis prácticas anticompetitivas.
Francisco Reynés, presidente de Naturgy.
photo_camera Francisco Reynés, presidente de Naturgy.

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) informou onte que está a investigar á distribuidora eléctrica do Grupo Naturgy, UFD, e aos seus matrices por posíbeis prácticas anticompetitivas, entre elas dar prioridade as incidencias e reclamacións presentadas por certas comercializadoras entre 2021 e 2022.

En concreto, o organismo presidido por Cani Fernández, presidenta deste organismo, investiga a UFD Distribución Electricidade, e aos seus matrices Holding Negocios Electricidade e Naturgy Energy Group (Grupo Naturgy) por supostas condutas que implicaban un trato "preferente e discriminatorio" en detrimento de terceiras comercializadoras independentes.

Varias denuncias

Así, UFD podería ter “falseado" a libre competencia no mercado do fornecemento do comercio polo miúdo de enerxía eléctrica e incumprir a lei de Competencia Desleal. A CNMC revelou que a investigación se iniciou a partir dunha serie de denuncias a información reservada que levou a cabo a Dirección de Competencia.

Por iso, ante a sospeita destas posíbeis prácticas anticompetitivas, a CNMC inspeccionou dúas sedes do Grupo Naturgy. A incoación deste expediente non prexulga o resultado final da investigación, manifestou a CNMC, que avanza que se abre agora un período máximo de 24 meses para a súa instrución e resolución. 

Naturgy asegurou que UFD cumpre "escrupulosamente" coa regulación e aplica os mesmos procedementos na relación que mantén de forma "continua e diaria" con decenas de comercializadoras no marco da súa actividade como distribuidora eléctrica, "sen aplicar ningún trato de favor nin beneficiar  ningunha en particular", segundo explicaron.

Comentarios