Manuel Jove abandona o BBVA, banco do que chegou ser primeiro accionista

O empresario coruñés foi desprendéndose en 2013 de boa parte das accións que posuía da entidade financeira.

Manuel Jove deixa atrás a súa etapa como accionista de peso do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, segundo Economía Digital. O empresario coruñés, e presidente do grupo Iveravante, chegou ser o primeiro socio privado do BBVA após a venda de Fadesa, con máis do 5 % das accións. Durante todos estes meses Jove foi vendendo as súas accións até ficar nunha participación testemuñal nesta entidade financeira.

Se en 2007 tiña máis do 5% das accións, en 2012 esa presenza ficaba xa por baixo do 3 por cento. A saída do BBVA, indican en Economía Digital, permite a esta empresario reducir a débeda de Iveravante.

Comentarios