Navantia concedeu a dedo á empresa de Florentino Pérez 5 contratos para o flotel de Pemex

Maessa, filial de ACS, obtivo bloques do buque que Navantia constrúe para a petroleira mexicana por 3,8 millóns de euros, segundo informa Economía Digital.

Florentino-Perez-economica-mejorado-palpable_TINIMA20140115_0332_5

Pode que o Real Madrid non, mais Florentino Pérez sempre gaña. O presidente do club madrileño e de ACS sacou tallada do flotel que Pemex encargou os estaleiros de Ferrol. Iso é o que conta esta sexta feira Economía Digital nunha información asinada por Rubén Rodríguez na que afirma que Navantia outorgou sete contratos do buque de Pemex a Florentino Pérez por un valor de case catro millóns de euros. Cinco deses contratos concedéronse mediante procedemento negociado sen publicidade e dous co mesmo mecanismo, mais con publicidade.

Maessa, a filial de ACS, beneficiaria destas adxudicacións, está no albo das críticas dos operarios polos seus incumprimentos en materia laboral, o que levou mesmo a un paro do cadro persoal. A CIG metal denunciou “ameazas” e “coaccións” por parte do empresariado de auxiliares como Maessa ou Ainair.

Aloumiñado pola Xunta e o Estado

Florentino Pérez lidera os encargos de procedencia institucional en Galiza. Obras e servizos públicos por un importe de case 64 millóns de euros, segundo apuntan en Economía Digital. Ningunha delas encomendada á todo poderosa ACS, emblema do presidente do Real Madrid. Mais si repartidas entre seis das súas filiais.

Comentarios