As pensións en Galiza seguen en agosto por baixo da media estatal: 140 euros menos

Aumentaron nese mes un 2% mais seguen moi afastadas do que se paga no Estado español.

vellos

A pensión media situouse en agosto en Galiza en 749,67 euros, unha cifra que se ben supón un aumento do 2% a respecto do mesmo mes de 2014, segue a estar sensibelmente por baixo da media do estado español, que é de 888,53 euros, 140 euros máis.

Os dados difundidos esta terza feira polo Instituto Nacional da Seguridade Social o número de prestacións polas diferentes clases de pensións (xubilación, viuvidade, incapacidade permanente,...) supera as 750.000.

No que atinxe ás prestacións por xubilación, en Galiza hai 465.000 e a media que perceben é de 849 euros, unha cantidade tamén inferior á ratio estatal, que supera os 926 euros, 77 euros máis.

Comentarios