A SEDE DO GRUPO PASA A MADRID

Pharmamar irrompe en Bolsa após absorber Zeltia cunha queda do 2,3%

A división oncolóxica toma o mando do grupo matriz e pasa ter a sede do grupo en Madrid.

Pharmamar estreouse na Bolsa cunha queda nas accións do 2,35%. A até hai pouco división oncolóxica do grupo Zeltia irrumpiu no parket cun descenso, unha vez completada a fusión inversa entre Zeltia e Pharrmamar. Unha fusión que implicou que a dede do grupo se concentre en Madrid, se ben as declaracións da dirección insisten en que a ligazón con Galiza non romperá.

Pharmamar ten as súas espectativas no mercado de EEUU. E nos seus plans están cotizar na bolsa estadounidense en 2016. Xa ten a autorización da Axencia de alimentos e medicamentos de EEUU para comercializar produtos como o anti-tumoral Yondelis.

Comentarios