O PP vota en contra da proposta de reparto defendida por Acerga para o cerco

Os populares posicionáronse no Parlamento contra a proposición non de lei presentada por AGE e na que se reivindicaba un reparto de tope 'liñal', como demanda a maioría do sector.

cerco flota peixe barco

O PP votou contra unha proposición non de lei defendida por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento que demandaba que se instase ao goberno galego a reivindicar un reparto 'liñal' de cota' para o cerco, é dicir, un reparto por tripulante, tal e como defenda a maioría do sector a través de Acerga.

“A Xunta ten que atender ás demandas do cerco galego”, dixo o deputado Juan Fajardo, “e defender un novo modelo de reparto dos dereitos de pesca que garanta a supervivencia da actividade e do emprego”. O parlamentar de AGE afirmou que “o que non é de recibo é que na Consellaría do Mar haxa unha incendiaria como conselleira”, e defendeu que “a solución non é máis cota de pesca se o reparto segue a ser inxusto”.

O debate na sede parlamentar decorreu poucos días despois da importante manifestación que percorreu Compostela na defensa do sector cerqueiro, que representa na Galiza 144 barcos e 1.500 mariñeiros.

Caladoiro

Na mesma comisión, o PP rexeitou negociar o acordo con Portugal en “igualdade” para as flotas galega e lusa, tal e como se lle solicitaba desde o BNG. O deputado nacionalista, Daniel Rodas reclamou o mesmo trato e condicións para ambas flotas e acusou ao Goberno de “inacción” ante o remate do acordo.

Comentarios