Os prezos industriais en Galiza acumulan 29 meses en negativo

Baixaron un 2,5% nos últimos doce meses. Desde xullo de 2013 encadean meses en negativo.

Traballador industria

Os prezos industriais baixaron o pasado mes de decembro un 2,5% a respeito do mesmo mes do exercicio 2014. En comparación co mes anterior, de decembro a novembro 2015, o descenso foi do1,4%. Galiza encadea así 29 meses en rexistros negativos, desde xullo de 2013, segundo o Instituto Nacional de Estyatística (INE). En comparanza con decembro de 2014, os prezos dos bens de consumo subiron un 0,8% en Galiza e incrementaron nun 0,1% os bens de equipo. Porén, baixaron un 2,6% os bens intermedios e a enerxía nun 10,6%.

O prezo industrial (Ipri) mide a evolución mensal dos prezos dos produtos fabricados pola industria e vendidos no mercado interior na priemria etapa da súa comercialización. Recolle os prezos de venda de saída de factoría obtidos polos establecementos industriais e exclúen gastos de transporte ou IVE. O Ipri mide todos os sectores industriais (extractivas, manufactureras, enerxía...), agás a construción. Faise mediante un inqérito mensal que recolle aproximadamente 27.000 prezos de 1.500 produtos.

Comentarios