O sector lácteo anuncia tractoradas e novas mobilizacións ante o desleixo e ineficacia das administracións

A Plataforma exixe medidas eficaces para poñer fin á crise xerada polos baixos prezos que está a obrigar a pechar numerosas explotacións.

manifestación sector lácteo
photo_camera manifestación sector lácteo

A Plataforma pola Defensa do sector Lácteo galego convocará un novo calendario de mobilizacións que incluirán tractoradas nas comarcas produtoras e unha gran manifestación en setembro. Unha decisión coa que queren volver "exixir" unha solución definitiva a un problema - os baixos prezos do leite- que está a obrigar a pechar explotacións e a bataer con dureza na viabilidade do rural galego.

Representantes do sector amosáronse contrarios por entender que era claramente insuficientes ás propostas que o Ministerio de Agricultura e Alimentación aprobou como resultado da xuntanza mantida nesta cuarta feira coa interprofesional láctea. Froito deste rexeitamento, anuncian que decorrerán diversas mobilizacións en agosto. A primeira delas terá lugar en Santa Comba o 1 de agosto. Para setembro prevese unha gran manifestación, como a que percorreu Compostela este 17 de xullo e que reuniu a máis de 20.000 persoas na capital de Galiza.

A "urxencia" da situación, aclaran desde o sector, fai precisas adoptar medidas contundentes, algo que non fan nin Xunta nin Ministerio, sinalan, de aí as mobilizacións. O alcalde de Boimorto, Xosé Luis Rivas Cruz 'Mini' denunciou a falla de medidas do Ministerio e a pasividade da Consellería de Medio Rural, por "negar"o problema que atinxe xa a máis de 3.000 gandeir@s.

Comentarios