Traballadores temen un ''drástico recorte'' de persoal no servizo de limpeza de Navantia

Daniel Varela, presidente do comité de empresa de Acciona en Navantia, calculou que coas novas condicións o cadro de persoal, formado por 104 personas na antiga Bazán e outras 36 en Fene, veríase reducido de forma “moi significativa”.

photo_camera acciona

Navantia axudicou a limpeza dos seus estaleiros de Fene e Ferrol á empresa Alcomar, con sede en Puerto Real (Cádiz). Os traballadores e traballadoras que realizaba ata o de agora estas tarefas temen que haxa recortes drásticos pois o orzamento recórtase en dous millóns de euros, así como a frecuencia de limpeza.

Segundo as informacións de que dispoñen, indican desde CCOO, “as oficinas limparanse dous días á semana e os talleres, tres, en vez de a diario, como se viña realizando ata o de agora. Todo isto, ademais, cun orzamento que recolle un recorte de dous millóns e medio en dous anos”.

Daniel Varela, presidente do comité de empresa de Acciona en Navantia, calculou que coas novas condicións o cadro de persoal, formado por 104 personas na antiga Bazán e outras 36 en Fene, poderíase ver reducido de xeito “moi significativo”.

“Isto é unha proba de que o encargo do flotel non trae a ocupación que prometen”
 

Víctor Ledo, traballador de Acciona e secretario xeral do sindicato comarcal Industria de CCCO en Ferrolterra denunciou unha “presunta baixada temeraria” por parte da empresa e anunciou que non admitirán recortes de persoal nin das condicións laborais.

Tamén advertiu d deterioro das condicións de seguridade e saúde laboral que supón para os traballadores e as traballadoras a redución da limpeza nos talleres e subliñou que este novo contrato é “unha proba” de que o encargo do flotel non dará ocupación para o sector.

Comentarios