Os tractores rodean industrias para denunciar baixos prezos e importacións de leite

A mobilización decorreu en Outeiro de Rei, perante Logística Alimentaria. Os gandeiros meditan estender este tipo de protestos.

tractor leite gandeiro
photo_camera tractor leite gandeiro

Gandeiros e os seus tractores concentráronse esta cuarta feira perante Logística Alimentaria, en Outeiro de Rei, unha acción coa que protestaban e denunciaban tanto os baixos prezos como tentaban controlar a posíbel entrada de leite foráneo a través de camións cisterna.

Esta mobilización prodúcese após a concentración convocada a semana pasada pola Plataforma en defensa do sector lácteo perante a sede administrativa da Xunta de Galiza. Aí acordouse ampliar os protestos ás industrias, incidindo na denuncia das importacións de leite foráneo.

Segundo recolle Campo Galego, a  industria de Outeiro de Rei tamén se está a distinguir polos baixos prezos que abona ós gandeiros, arredor dos 22-23 céntimos de media, segundo as estimacións da Plataforma.

Comentarios