O Tribunal de Cuentas atopa “importantes deficiencias” arredor do Xacobeo 2010

O órgano asegura que “non se dou axeitado cumprimento aos principios de concorrencia, publicidade e obxectividade” nas contratacións dos eventos que organizou a Xunta de Feijóo.

O Tribunal de Cuentas detectou "importantes deficiencias" nas contrataciones realizadas para o Ano Santo 2010 por parte da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo. Así mesmo, na análise comparativo do orzamento e o plan de actuación investimentos coas contas, observa que "existen diferenzas moi significativas".

Segundo recolle o informe relativo ao periodo 2010 sobre este ente dependente da administración autonómica, recollido por Europa Press, desa análise comparativa despréndese unha "clara falta de previsión", o cal vén motivado, fundamentalmente, por "non presupostar, tanto os ingresos orixinados polos convenios de patrocino asinados con empresas privadas e organismos públicos, como os gastos correlativos a estes ingresos".

Incorporacións

No informe faise unha análise do procedemento de incorporación de traballadores, no que entende que o Xacobeo "deberá dar unha maior publicidade ás ofertas de emprego". Neste sentido, aínda que considera cumprido o principio de publicidade, de acordo co disposto na lexislación (Lei 10/96), advirte que na correspondente ás contratacións para o ano 2010 "tivo moi pouca repercusión, dado o escaso número de candidatos presentados".

Sobre as actuacións realizadas en 2010, con Alberto Núñez Feijóo presidindo a Xunta e coa tarefa das celebracións do ano xacobeo, o Tribunal de Cuentas apunta que as contratacións que teñen "maior peso relativo" son as correspondentes a asistencias técnicas con empresas consultoras ou de servizos.

Así as cousas, o Tribunal de Contas conclúe que non se pode considerar que a sociedade dese "adecuado cumprimento" aos principios de publicidade, concorrencia e obxetividade que rexen na contratación das administracións públicas, obrigacións establecidas na lei para as empresas en que ten participación maioritaria a Xunta.

Comentarios