O xeito salva a primeira das votacións na Unión Europea

A Comisión de Medio Ambiente do Parlamento europeo aproba excluír este aparello selectivo e tradicional do noso país da prohibición de artes á deriva.

XEITO BRUXELAS

O sector do xeito (427 barcos) logrou esta cuarta feira unha vitoria en Bruxelas coa decisión da Comisión de Medio Ambiente do Parlamento europeo de excluír esta arte selectiva e tradicional galega da prohibición de artes á deriva. Unha boa noticia para un sector que representa a por volta de mil familias en Galiza e que ten en portos como Rianxo, A Illa, Cabo de Cruz ou Redondela as súas principais frota.

Ana Miranda, representante do BNG en Europa e responsábel da delegación do xeito que en decembro viaxou a Bruxelas para explicar de primeira man a realidade do sector perante as autoridades europeas, amosaba nas redes sociais a súa ledicia por esta decisión.

Esta delegación mantivo daquela xuntanzas con deputados como Marco Affronte, relator do informe que se votou esta cuarta feira na Comisión de Medio Ambiente, e que consideraba “desproporcionada” unha normativa que prohibise o xeito.

Mais o camiño para esta arte de enmalle, non dañina para o medio ambiente, aínda segue na UE. Esta quinta feira a Comisión de Pesca – á que asisten tamén con parlamentarios e parlamentarias de Medio Ambiente- para debater, entre outras cuestións, sobre este aparello para o que teñen licencia de faena 427 barcos.

Visita do sector, decisiva

O BNG valorou mediante un comunicado como "moi positivamente" que o sector do xeito tivese superado con éxito a primeira proba. “A visita do sector a Bruxelas foi definitiva para que o informe Affronte incluíse as súas demandas como arte de pesca sustentábel”, manifestou Ana Miranda

Comentarios