A Xunta cuase triplica a débeda en 5 anos até situala en máis de 10 mil millóns

O goberno autonómico do PP fixo crecer a débeda pública nuns 7.000 millóns de euros nun lustro malia recortar servizos públicos, creando unha xigantesca hipoteca.

Feijoo
photo_camera Feijoo

Chámanlle debedocracia, e moito diso hai. Malia o discurso da suposta austeridade, e de visíbeis recortes sociais e laborais, a Xunta de Galiza case triplicou a súa débeda dende que Feijóo tomou o mando de San Caetano en 2009. Se nesa altura, logo de catro anos de bipartito, o executivo autonómico debía uns 3.800 millóns, agora xa son 10.028 os que ten pendentes, non están moi claras as razóns nin a quen.

Son datos oficiais, do Banco de España. A aposta por non “alimentar o déficit” resólvese como falsa. Só no primeiro trimestre deste ano, aumentou un 9,82% en relación ao anterior, até representar esa hipoteca pública o 18,2% del Produto Interior Bruto (PIB) de Galiza.

Só fóra do sector administrativo, nos últimos tres meses a Xunta xerou 163 millóns de débeda

Namentres, as empresas públicas non incluídas no sector administracións da Xunta sumaron no primeiro trimestre 163 millóns de euros de débeda, importe que representa o 0,3% da economía galega, a pesar de que nese sector laboral -ao igual que no administrativo- case desapareceron por completo tanto a entrada de novo persoal como varias pagas normativas, suposto aforro que non é constatábel nos datos oficiais.

Comentarios