A Xunta formaliza o 'regalo' de 3 anos máis para Elnosa ao pé da Ría de Pontevedra

O DOG publicou o 31 de decembro a renovación do permiso ambiental da factoría, que caducaba neste mes de xaneiro. O propio conselleiro de Medio Ambiente dicía en 2011 que a actividade de Elnosa tería que finalizar en 2014.

Agustín Hernández asina o acordo con Elnosa [Imaxe: Xunta]
photo_camera Agustín Hernández na sinatura dun acordo con Elnosa [Imaxe: Xunta]

O último día de 2013 o DOG (Diario Oficial de Galicia) publicaba a resolución pola que se actualizaba a autorización ambiental de Ence e Elnosa, aliás de 227 empresas máis. Unha decisión que no que respecta a Elnosa, factoría de cloro que partilla ubicación con Ence, supón que poderá estar 3 anos máis a pé da Ría de Pontevedra. Até 2016. O seu permiso caducaba neste mes de xaneiro.

Esta prórroga contrasta co defendido pola propia Consellería de Medio Ambiente ata non hai tanto tempo. A finais de 2011 o conselleiro Agustín Hernández dicía que esta fábrica debería de poñer fin á súa actividade en xaneiro de 2014, data na que caducaba o permiso ambiental. E que non podería haber prórroga. O DOG de 31 de xaneiro de 2013 publica esa ‘prórroga’ de tres anos.

Cambios

Desde a Xunta, e segundo recolle El País, xustifícase a decisión en que a empresa recurrira a data de 2014 baseándose nunha lei de prevención da contaminación aprobada en cumprimento dunha directiva europea. A cambio desta prórroga de 3 anos, Elnosa retira os recursos e non solicitará máis ampliacións da concesións, que caduca en 2018.

Comentarios