A secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, o deputado de ERC no Parlament de Catalunya Ruben Wagensberg, o vicepresidente de Òmnium, Oleguer Serra, o xornalista de La Directa Jesús Rodríguez e o activista Josep Campmajó foron recibidos esta sexta feira na localidade catalá de Cantallops media hora despois de cruzar a fronteira en coche tras partir da Suíza.
Abrazáronse con moitos dirixentes soberanistas, como Rovira co ex president de ERC Oriol Junqueras, con quen se fundiu nunha longa aperta mentres as persoas presentes coreaban ao seu ao redor 'Independència'.
🔴 Marta Rovira i els exiliats de Tsunami ja són a la Porta dels Països Catalans a Salses, al Roselló#ElsMatins3Cat
— Els matins TV3 (@elsmatins) July 12, 2024
▶ https://t.co/V2FrF4mKxv pic.twitter.com/IMSyXTMspI
Ademais, puidéronse abrazar con amigos e amigas, familiares e compañeiros e compañeiras de traballo, xunto a simpatizantes da causa soberanista que se achegaron até o municipio de Cantallops.
O momento estivo cheo de emoción no reencontro coas súas persoas máis queridas, que esperaban desde primeira hora en Cantallops, poboación próxima á Jonquera e na que residen familiares de Wagensberg.
![A secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, esta sexta feira en Cantallops (Foto: Joan Ignasi Elena).](/media/nosdiario/images/2024/07/12/2024071212283547480.jpg)
Ao acto de recibimento asistiron representantes de ERC, Junts, a CUP e Comuns, ademais do presidente de Òmnium Cultural, Xavier Antich, e o da Asemblea Nacional Catalana, Lluís Llach.
Por parte de ERC, ademais de Junqueras, estiveron o conseller de Interior da Generalitat de Catalunya, Joan Ignasi Elena; o de Acción Climática, David Mascort; a de Acción Exterior, Meritxell Serret, así como dirixentes de ERC como Marta Vilalta, Raquel Sans e o ex conseller Juli Fernàndez, entre moitas outras persoas.
![Soberanistas á súa chegada a Catalunya desde Suíza (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press).](/media/nosdiario/images/2024/07/12/2024071212313820643.jpg)
De Junts, asistiu o secretario xeral, Jordi Turull, e os deputados no Parlament Josep Rius e Salvador Vergés; da CUP, o deputado Dani Cornellà, o ex deputado Carles Riera e a ex deputada Eulàlia Reguant, e dos Comuns o deputado David Cid.
Ao final do acto de emotivo recibimento que tivo lugar esta sexta feira, desde o escenario abríronse dúas botella de cava para celebrar o regreso a Catalunya, e ademais organizaron unha chocolatada.