O Consello Europeu non recoñece a independencia, mais pide a Madrid que non use a forza

"Para a UE nada muda [coa declaración de independencia]. España continúa a ser o noso único interlocutor", di Donald Tusk por medio dun chío.

Donald Tusk
photo_camera Donald Tusk

Donald Tusk tense caracterizado durante a fase final do procés polos seus apelos á resolución do conflito político através de meios exclusivamente pacíficos.

Levando en conta os precedentes do 1-O -centos de persoas feridas por cargas policiais- e após a detención dos líderes dos colectivos soberanistas Jordi Sànchez e Jordi Cuixart, Tusk afirma agardar que "o goberno español favoreza a forza dos argumentos e non os argumentos da forza".

 

Comentarios