Cortes en estradas, liñas férreas e rúas contra o encarceramento de 8 membros do Govern

catalunya protesto

Desde primeiras horas da mañá están a se producir cortes en estrada, liñas férreas e arúas para protestar contra o encarceramento de 8 membros do Govern por orde da Audiencia Nacional.  Así, para alén de cortes na Gran Vía de Barcelona, tamén houbo accións deste tipo en diversas estradas comarcais e locais.

Paralelamente, interrompeuse uns 15 minutos a circulación na liña de Barcelona-Vallés tamén nun protesto contra o envío a prisión de Oriol Junqueras e varios consellers. Cortes que tamén se produciron noutros puntos da liña.

Ao longo do día hai convocadas diversas concentracións e mobilizacións en apoio aos encarcerados. Unha delas, convocada por Universitats per la Republica (UxR) convocou paros e concentracións nas facultades para pedir a liberdade dos presos políticos cataláns.