“Fóra ocupas das consellerías”: mobilización en Catalunya de empregados públicos contra o 155

Centos de traballadores concéntranse en Barcelona para denunciar os efectos da aplicación do artigo na actividade e prestación de servizos públicos.

155 catalunya Imaxe de Nació Digital
photo_camera Imaxe de Nació Digital

Centos de traballadores públicos concentráronse na Praza de Sant Jaume de Barcelona para protestar contra a aplicación do artigo 155 e a “suspensión da autonomía” que isto supuxo. Denuncian que está a ter un efecto directo no funcionamento ordinario da administración catalá e que altera a prestación de servizos públicos.

“Fóra ocupas das consellerías” foi unha das palabras de orde da mobilización, na que se demandou a liberdade “inmediata” dos membros do Govern encarcerados así como a retirada do proceso xudicial que afecta estas persoas.

Os funcionarios plasmaron nun manifesto a súa preocupación e rexeitamento á aplicación do 155, que consideran un “ataque directo” aos traballadores da administración catalá e unha “clara vulneración” dos seus dereitos laborais ao alterar a cadea de mando. “Imposibilítase o funcionamento normal da administración”, afirman.

Comentarios