Goberno e oposición acadan un principio de acordo para afastar Ucraína dunha guerra civil

O pacto incluiría goberno de coligación, eleccións anticipadas e reforma constitucional. Hai dúbidas sobre que os sectores máis ultra-dereitistas acepten o acordo, negociado con presenza de representantes da UE.

ucraina
photo_camera ucraina

Ducias de mort@s, milleir@s de ferid@s e mesmo centos de desaparecid@s en enfrontamentos que ían a máis. Ucraína achegábase ao abismo mentres desde a UE anunciaban sancións e cargaban toda a culpabilidade do que pasaba no goberno, e desde Moscova denunciábase que o que acontecía era un golpe de estado. O temor a unha guerra civil aberta comezaba a tomar forma entre moitos cidadáns.

Mais tras horas de negociación entre goberno e líderes opositores, coa presenza de altos responsábeis de estados da UE, atinxiuse un principio de acordo. Adianto das presidencias, reformas constitucionais, un goberno de coalición... son algunhas das cláusulas, segundo informaron desde a televisión ucraína.

Mais a principal preocupación, segundo os medios internacionais que cobren o conflito sobre o terreo, é que as organizacións máis ultras: neo-nazis e fascistas, que fotron gañando peso no seo da oposición, acepten o pacto. 

Comentarios