Eleccións Europeas 9-X

O nacionalismo sobe na Galiza e Euskadi e baixa en Catalunya

BNG e EH Bildu melloran as súas marcas e impulsan a coalición Agora Repúblicas malia a caída de ERC.
Papeletas nun colexio electoral. (Foto: Arxina)
photo_camera Papeletas nun colexio electoral. (Foto: Arxina)

A coalición Agora Repúblicas revalidou os tres escanos que lograra nas eleccións europeas de 2019 a pesar de retroceder de forma considerábel en número de apoios, pasando de algo máis de 1,25 millóns de votos (5,58%) a 857.000 nestes comicios (4,91%), medio punto porcentual menos, se ben a pesar diso pasou de ser a sexta formación en apoios á cuarta, só superada por PP, PSOE e Vox.

Porén, na Galiza e Euskadi o nacionalismo mellorou as súas marcas a respecto das rexistradas cinco anos atrás. O BNG pasou do 11,80% de papeletas de 2019, cun total de 172.088 votos, a 16.13%, uns 180.000 votos.

E en Euskadi, EH Bildu gañou as eleccións europeas con 26,4% dos votos (+4,23 puntos respecto a 2019), seguido do PSE, co 25,92% de sufraxios (+6,95 puntos). O PNV, integrado na coalición CEUS, con 22,40% do apoio cae ao terceiro posto, tras perder até 11,52 puntos.

Porén, ERC-Ara Repúbliques mantense como terceira forza en Catalunya nas eleccións europeas deste domingo ao obter o 14,82% dos votos, aínda que perdeu polo camiño até 372.838 apoios, case a metade dos que obtivera en 2019 en Catalunya. Junts, pola súa parte, é segunda forza con 18,02%, doce puntos por baixo do PSC. Hai cinco anos gañara as eleccións co 28,63%.

Comentarios