Gaña peso a corrente de Artur Mas

Puigdemont aproveita a crise do Govern para reforzar o seu perfil soberanista

Fican fóra do Govern dirixentes que en privado manifestaran dúbidas sobre a viabilidade do referendo autodeterminista axendado para o 1-O. Os seus relevos son persoas da confianza directa de Puigdemont e Artur Mas, a corrente da antiga Convergència que está decidida a levar o referendo até o final.

photo_camera Rolda de prensa de Puigdemont e Junqueras.

Carles Puigdemont e Oriol Junqueras comparecían esta sexta feira nunha conferencia de imprensa para informar desta mudanza na aliñación do Govern. Os substituidos serán Neus Munté, Jordi Jané e Meritxell Serret, que serán reemprazados por Jordi Turull, Joaquim Forn e Clara Ponsatí. 

Unha das figuras máis destacadas nesta lista de nomes é a de Neus Munté, conselleira de Presidència e portavoz do Govern até o de agora, quen será substituida por Jordid Turull, presidente do grupo parlamentario Junts pel Sí. 

Puigdemont declaraba que non cesou ninguén senón que tras reunirse, un a un, con todos os conselleiros, tres decidiron dar un paso a un lado. Ao mesmo tempo, o presidente catalán, quixo destacar a súa honestidade e lealdade.

Comentarios