Declaración institucional

Puigdemont: “Os cataláns gañamos o dereito a ter un estado”

O president apela a Europa, que “non pode mirar para outro lado” perante o acontecido este domingo. Anuncia que en breve transladará ao Parlamento so resultados do 1-O para encamiñar a declaración de independencia.

 

Puigdemont compareceu na noite deste domingo arroupado por todos os membros do goberno” “Os cataláns gañámonos hoxe o dereito a ser escoitados”, afirmou, “gañámonos o dereito a ter un estado, unha república”. Puigdemont apuntou que “os demócratas do mundo asistiron á violencia policial ditada polo goberno español” e agradeceu á cidadanía catalá o seu comportamento.

 

Para Puigdemont o Estado escribiu este domingo unha “páxina negra”  da súa historia, respondendo con “violencia e represión”. Unha aposta que o presidnt entende que non debería saírlle de balde ao goberno español, pois cometéronse violacións de dereitos, asegurou. “A UE non pode mirar para outro lado”.

 

Por último, anunciou que o seu goberno vai trasladar ao Parlament os resultados do 1-O “para que se aplique a lei de refrendo”. É dicir, a DUI, declaración unilateral de independencia.

puig
Comentarios