Puigdemont encabezará a candidatura Junts per Catalunya

O PDECat, impulsora desta marca electoral, procura independentes para os primeiros postos da lista.

Puig
photo_camera Puig

Carles Puigdemont liderará Junts per Catalunya, a marca electoral rexistrada polo PDECat para as eleccións do 21D.  O president eleito accedeu ser candidato após as xuntanzas mantidas nestes días en Bélxica cos principais dirixentes da formación (Artur Mas, Marta Pascal). A idea é unha lista que supere as siglas nacionalistas e que procura sumar independentes.

Junts per Catalunya é un dos nomes que se barallou no congreso fundacional do que xurdiu Partir Demòcrata Català. Puigdemont liderará unha lista acompañado dos consellers presos e o resto da candidatura priorizará a presenza de independentes. Unha das persoas cuxo nome se está a barallar é o de Jordi Sánchez, líder da ANC actualmente en prisión.

Haberás, pois, tres listas independentistas no 21D. Mentres, os promotores da iniciativa Llista Unitària non cesan na aposta en ter unha candidatura única independentista. Xa recolleron 50.000 sinaturas de apoio a esta vía. 

Comentarios