-Puigdemont, aquí teño a bandeira de España, que sei que che gusta -dille o tipo en perfeito castelán.
-Claro, claro que me gusta.
-Pois dálle un biquiño.
-Non teño ningún problema.
Puigdemont vai e, sen o pensar dúas veces, beixa a bandeira.
E a independencia non é un problema?, pergúntalle. A independencia non debe constituír ningún problema, ao ser produto da vontade colectiva do pobo catalá, vén responder o candidato á reelección. "Votamos en masa", afirmou Puigdemont, con bon talante. Todo o contrario que o tipo que irrompeu na terraza, quen, ao liscar dalí, non perdeu a oportunidade para lle profetizar un futuro carcelario: "Cando chegues a España, espérate a cadea".
Puigdemont empregou a súa conta de twitter para explicar por que beixou a enseña española: "Algún día entenderán que non temos ningún problema nin con España nin coa súa bandeira".
Algun dia entendran que no tenim cap problema amb Espanya ni amb la seva bandera. La batalla és contra qui exerceix el poder despòticament. La democràcia és més important que totes les fronteres, totes les banderes i totes les constitucions https://t.co/IIMbicLt43
— Carles Puigdemont 🎗 (@KRLS) 23 de janeiro de 2018