Claves no procés no Sermos269

Unha República Catalá autosuficiente

As cifras son alicerces fundamentais no argumento sobre o que erixe o procés soberanista en Catalunya. Tamén o son dos unionistas que, alentados por grandes medios de comunicación, difunden estudos que contradín os cálculos oficiais sen rigor. Debullamos como afectaría ao Estado español a independencia de Catalunya, sobre a base de que, ao igual que acontece con Galiza, achega máis ás arcas españolas do que recibe. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 269. Eis un extracto.

[Imaxe: Adria Costa/Nació Digital] Manifestación pola liberación dos Jordis.

5“Catalunya perde 6.700 millóns de PIB pola fuga de empresas”, “O procés fíxolle perder a Catalunya o 4% do PIB”, “O índice de risco da economía autonómica marcou o máximo histórico desde 2014”... os medios de comunicación apegados ao unionismo afánanse en publicar pezas coas que sustentar que a economía de Catalunya camiña cara á deriva. Tanto ten que se aluda a magnitudes macroeconómicas como o Produto Interior Bruto, que expresa o valor moetario da produción de bens e servizos de demanda final dun país durante un ano –e non durante 15 días a raíz do traslado de sedes sociais de empresas alén de Catalunya–.

É obvio que o prexuízo económico da creación da República Catalá para Madrid sería de grandes dimensións, sobre todo tendo en conta que en 2016 –cando a folla de rota xa encetara, mesmo coa convocatoria do proceso participativo sobre o futuro político, do 9N– Catalunya rexistrou un PIB récord, con 223.629 millóns de euros –no sector industrial, é o territorio que máis PIB xera no Estado, pois supón o 18,9%, por diante de Madrid, aínda que só sexa por décimas–.  Se atendemos a este dado, e segundo o profesor da Escuela de Negocios IEBS e editor de El blog salmón, Raúl Jaime Maestre, a independencia custaríalle ao conxunto do Estado o 19% do PIB e o 18,4% do seu tecido empresarial. Este especialista, que asegura que ficaría un Estado español “máis pobre”, asegura que o PIB per cápita caería até os 23.250 euros.

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 269, á venda na loxa e nos quiosques habituais]