O Supremo dos Estados Unidos anula o pacto que garantía a impunidade da familia Sackler por causar medio millón de mortes cos seus opiáceos

Paralizado o acordo de creba de Purdue Pharma por un recurso gobernamental.
O Tribunal Supremo dos Estados Unidos a cuarta feira. (Foto:Nicole Blanchard / Europa Press / Contacto)
photo_camera O Tribunal Supremo dos Estados Unidos a cuarta feira. (Foto:Nicole Blanchard / Europa Press / Contacto)

Despois de que Executivo o impugnara, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos anulou a quinta feira o acordo de creba de Purdue Pharma. A empresa, controlada pola familia Sackler, era a fabricante de OxyContin, un medicamento aditivo que causou a morte de medio millón de persoas en dúas décadas e que tivo un papel clave na epidemia de opiáceos que asola o país.

O pacto para a bancarrota, forzada por débedas na súa maioría xeradas polas miles de demandas por publicade ilegal e enganosa, incluía que os Sackler pagarían máis de 5.500 millóns de euros para resolver todas as demandas e renunciarían á propiedade da empresa a cambio de inmunidade polo acontecido.

Coa sentenza, o Supremo anulou a decisión dun Tribunal de Apelacións de Nova York, que fora cuestionada polo Goberno de Joe Biden asegurando que a norma que permite este tipo de acordos de creba está orientada a persoas con dificultades financeiras mais non aos Sackler, que non se declararon de forma persoal en bancarrota e que lograron un acordo que lles permitía “decidir canto van pagar”, sostivo o Departamento de Xustiza.

Comentarios