O Supremo indio ordena protexer un hospital de Calcuta tras a folga masiva para exixir seguridade

Unha doutora foi violada e asasinada.
Protesta de doutoras e doutores o domingo na India. (Foto: Kabir Jhangiani / ZUMA Press Wire / DPA vía Europa Press)
photo_camera Protesta de doutoras e doutores o domingo na India. (Foto: Kabir Jhangiani / ZUMA Press Wire / DPA vía Europa Press)

Após unha folga masiva o sábado na sanidade india, o Tribunal Supremo asumiu a terza feira as rendas da situación e creou un grupo de traballo con médicas e médicos para que emitan recomendacións sobre como implementar a principal demanda das e dos profesionais, garantir a protección nos hospitais da mesma maneira que se fai en instalacións como os aeroportos, despois de que o asasinato e violación dunha doutora nun hospital de Calcuta desencadeara as protestas.

Amais da creación deste comité, ao que solicitou que presente un informe provisional en tres semanas e un definitivo en dous meses, o Supremo ordenou as forzas de seguridade que protexan o hospital no que aconteceron os feitos e reclamoulles que mañá presenten un informe sobre o estado da investigación.

“A nación non pode agardar a que se produza outra violación para tomar algunhas medidas”, indicou Dhananjaya Yeshwant Chandrachud, presidente do órgano xudicial do país asiático, que afirmou que “se as mulleres non poden ir a un lugar de traballo e estar seguras entón estamos a negarlles as condicións básicas de igualdade”.

Comentarios