Un tribunal de Venezuela emite unha orde de arresto contra Edmundo González

Maduro xustifica a decisión ao considerar "inadmisíbel" que González "non recoñeza leis" mentres a opositora Machado asegura que Maduro "perdeu todo contacto coa realidade" polas súas "ameazas contra o presidente electo".
María Corina Machado e Edmundo González Urrutia. (Foto: Europa Press / Contacto / Jimmy Villalta).
photo_camera María Corina Machado e Edmundo González Urrutia. (Foto: Europa Press / Contacto / Jimmy Villalta).

Un tribunal de Venezuela emitiu esta segunda feira unha orde de arresto contra o ex candidato da oposición de Venezuela Edmundo González Urrutia tras aceptar a solicitude do Ministerio Público contra o opositor, que se proclamou vencedor das eleccións presidenciais decorridas a finais de xullo e nas que o Consello Nacional Electoral (CNE) deu a vitoria ao presidente do país, Nicolás Maduro, uns resultados que foron cuestionados a nivel internacional.

O Xulgado Especial Primeiro de Primeira Instancia en Funcións de Control con Competencia en Casos Vinculados con Delitos Asociados ao Terrorismo ordenou a detención de González Urrutia polos supostos delitos de "usurpación de funcións", "falsidade de documento público", "instigación á desobediencia de leis", "conspiración", "sabotaxe a danos de sistemas" e "asociación", segundo confirmou o Ministerio Público na súa conta da rede social Instagram.

Previamente, o fiscal auxiliar Luís Ernesto Dueñez pedira a aprehensión de González, unha solicitude que chega despois de que o ex candidato opositor non acudise a pasada sexta feira á sede da Fiscalía, que o investiga pola publicación na internet de datos que acreditarían a súa vitoria nos comicios do 28 de xuño, tratándose da terceira vez que se negaba a comparecer.

Orde de detención

Maduro xustificou esta orde de detención ao considerar "inadmisíbel" que González "non recoñece leis", en referencia ao seu rexeitamento tanto dos resultados electorais como das institucións controladas polo chavismo que avalaron estes comicios.

Pola súa parte, a líder opositora, María Corina Machado, asegurou que o Goberno venezolano "perdeu toda noción da realidade" polas súas "ameazas contra o presidente electo", unha acción que "cruza unha nova liña".

" A orde de arresto emitida polo réxime para ameazar o presidente electo Edmundo González cruza unha nova liña que só fortalece a determinación do noso movemento. Os venezolanos e as democracias de todo o mundo estamos máis unidos que nunca na nosa procura da liberdade", expresou na súa conta da rede social X.

O Ministerio Público xa advertira que de non acudir entendería que había "perigo de fuga" e "perigo de obstaculización" das pescudas. A oposición divulgou documentos para demostrar que González foi quen realmente venceu a cita do 28 de xullo, en detrimento do actual presidente, Nicolás Maduro, avalado tanto o Consello Nacional Electoral (CNE) como polo Tribunal Supremo de Xustiza (TSJ) –dous órganos controlados polo ch

Comentarios