O TS anula o ERE de Prisa Corporativo

Obriga a empresa a pagar unha indemnización ao persoal de 45 días por ano traballado fronte os 20 que pagou após declararse en perdas. A transnacional despediu a 26 traballador@s. 

O Tribunal Supremo declarou nunha sentenza "contrario a dereito" o ERE co que Prisa Corporativa despediu a 26 empregad@s ao non cumprir co acordo asinado entre o plantel e a dirección da transnacional propietaria do diario español El País.

Neste senso, a xustiza obriga a Prisa a indemnizar ao persoal despedido co pagamento de 45 días por ano traballado fronte os 20 que lles retribuíu inicialmente. 

A decisión da máxima instancia xudicial deveu do recurso presentado polo grupo de comunicación español e ratifica a decisión adoptada anteriormente polo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. 

Comentarios