Hai pouco máis dun mes nacía formalmente ‘Queremos Apple Galego’, unha iniciativa que nacçia, inforbana os impulsores, “coa intención de lograr o éxito de conseguir a tradución de todos os sistemas operativos dos dispositivos de Apple (OS e iOS) ao galego”. Para iso animaban a se ‘lanzar’ a pedirlle a Tim Cook (CEO de Apple) e mais ao seu equipo que desen ese paso e apostasen na tradución ao idioma propio de Galiza. Malia as estatísticas de uso do galego na rede, “Apple aínda non incluíu o galego como lingua do seu sistema operativo. No iOS8, así como nas últimas versións de OSX, permítese configurar a lingua principal como a galega, mais a maioría dos seus contidos non están traducidos. Cremos que Apple ten que facer os deberes e rematar coa discriminación que está a sufrir a nosa lingua”.
QAG sinala diversos motivos para esta campaña, o principal deles, afirman, “a ilusión e a necesidade de introducir a nosa lingua no mundo tecnolóxico de Apple”. Tamén “pular polo noso idioma, que non está a pasar bos momentos”. Iso si, destacan o alto emprego do galego na rede, “non só pola súa importante presenza nas redes sociais (chegando a ser a 20ª lingua máis empregada no Twitter no ano 2009), senón tamén pola existencia de potentes grupos de tradutores de software (especialmente software libre) e de moi activos desenvolvedores de aplicacións do máis diversas”.
A campaña conta actualmente con diversas vías de comunicación (twitter @AppleEnGalego) - facebook(facebook.com/AppleEnGalego) - web (queremosapplegalego.me).