Carmen Polo amoblou o Pazo de Meirás con bens requisados a quen sería un dos fundadores de HB

Propiedades de Telesforo de Monzón, dirixente do PNV na II República e deputado de Herri Batasuna de 1979-80, foron desvalixadas polo franquismo para residencias do ditador.

Telesforo monzó n
photo_camera Telesforo Monzón

Telesforo Monzón foi un histórico dirixente abertzale. Como conselleiro de Seguridade do Goberno Vasco durante a II República, época na que militaba nas fileiras do PNV, e tamén como un dos impulsores a finais da década dos 70 da plasmación política da esquerda abertzale, Herri Batasuna. Foi deputado por HB entre 1979 e 1980. Viviu décadas no exilio. Foi autor de obras de poesía, novela e teatro en euskera.

Telesforo naceu en 1904 na Casa-Torre de Olaso, Bergara (Gipuzkoa) propiedade da súa familia (de fondes raíces carlistas) desde o século XVI. Coa queda de Euskal Herria en mans do exército franquista, esta propiedade foi desvalixada polas tropas fascistas. Como indica o historiador Iñaki Egaña en ‘Botín de Guerra, unha Historia repetida’, bens pocedentes da Torre de Olaso foron destinados a amoblar o Palacio de Aiete, residencia veraniega dos Franco en Donosti. “Cando o dictador faleceu, a súa viuva trasladou as propiedades de Monzón á súa residencia ni Pazo de Meirás”.

Así pois, xa non só este pazo tiña unha procedencia froito das expropiacións e a violencia franquista. Tamén os bens e inmobles para a súa decoración e equipamento procedían de requisas fascistas. 

Comentarios