A Fiscalía Anticorrupción pide xulgar a 61 soci@s e ex-soci@s de PwH, unha das catro grandes auditoras que operan no Estado español en en Europa. A Fiscalía pide penas de entre 2 e 14 anos e seis meses de prisión por delitos contra a Facenda Pública española e a Facenda foral vasca. A suma defraudada superaría os 40 millóns de euros.
A Fiscalía abriu a investigación en 2008. Desde PwH emitiron un comunicado no que negan “rotundamente” ter incurrido nos delictos dos que se lles acusa.
PwH foi a auditora contratada por NGB como asesor para analizar as reclamacións de afectad@s polo calote das preferentes. Con este grupo tamén tivo relación o actual ministro de Economía, Luis de Guindos, que en 2008 desembarcou como responsábel do sector financeiro para o Estado español. A principios de 2010 deixaba esta firma para pasar a