A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, pediu esta terza feira a vicepresidencia executiva de Transición Limpa, Xusta e Competitiva, así como a carteira de Competencia para a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica Teresa Ribera.
A líder alemá anunciou na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo (Francia) a lista de integrantes e responsabilidades do seu novo Colexio de Comisarios e que deberán ser confirmados, un a un, pola Eurocámara e, despois, no seu conxunto en sesión plenaria.
Every member of my team will bring in their own experience and perspectives on Europe.
— Ursula von der Leyen (@vonderleyen) September 17, 2024
Together, we will be one team, working towards one common goal.
To make Europe stronger. pic.twitter.com/xIvDNv4C7t
Novas responsabilidades
"Tamén como responsábel de Competencia, dirixirá os traballos para encarreirar Europa cara aos obxectivos do Pacto Verde e descarbonizar e industrializar a economía ao mesmo tempo", explicou a presidenta da Comisión en rolda de prensa.
No ámbito da Competencia, o labor de Ribera consistirá en vixiar as grandes tecnolóxicas e asegurar que se aplican as novas regras europeas de servizos e mercados dixitais, mentres que en materia de transición ecolóxica e social o seu principal reto será reconciliar as ambicións climáticas do Pacto Verde Europeo coas reivindicacións do sector agrogandeiro.
Ribera está chamada a ser a peza forte dos socialistas europeos nunha Comisión escorada á dereita tras outorgarlle Von der Leyen uno dos postos máis influentes do Executivo comunitario.