MUNICIPAIS2015

60% de caras novas e 57% de independentes nas listas do BNG-Asambleas Abertas

“Estamos en condicións de ofrecer unha alternativa realista cun BNG que toda a cidadanía percibe como unha forza sólida, que coloca os concellos ao servizo das persoas”, asegurou Xabier Vence no Consello Nacional.

Consello nacional do BNG 2015
photo_camera Consello nacional do BNG 2015


O BNG-Asambleas Abertas preséntase as eleccións municipais de maio cunhas listas renovadas como “alternativa sólida ante a política de recortes e recentralización do PP”. A fronte nacionalista celebrou o seu Consello Nacional, onde avanzou na aprobación das candidaturas.

Un de cada tres candidatos e candidatas teñen menos de 35 anos e unha cuarta parte das listas estarán lideradas por mulleres. 

“Son unhas listas tremendamente renovadas, cun 60% de caras novas nas candidaturas, arredor dun 57% de candidatos e candidatas que non teñen carné do BNG, que se incorporan tras ese proceso de asembleas abertas por todo o territorio, froito dese diálogo coa base social nacionalista de esquerdas que queren cambiar este país cun proxecto nacional”, asegurou o portavoz nacional, Xavier Vence, segundo nota de prensa.

Vence resaltou tamén o “relevo xeracional”. Un de cada tres candidatos e candidatas teñen menos de 35 anos como, e algunhas son cabeza de lista. Tamén a maior incorporación de mulleres, que lideran unha cuarta parte das listas.

“Alternativa sólida ás políticas do PP”

O Bloque concorre aos comicios do 24 de maio co obxectivo de “liderar a alternativa á política de recortes, de esnaquizo económico e de recentralización do PP en todos os concellos”. O dirixente nacionalista destacou os éxitos conseguidos nos concellos que goberna a súa formación. 

Sobre posíbeis pactos, o BNG agardará a coñecer “o mandato das galegas”  mais avanzou que estarán abertos a negociar concello a concello.

 “Estamos en condicións de ofrecer unha alternativa realista cun BNG-Asembleas Abertas que toda a cidadanía percibe como unha forza sólida, seria, confiable, que demostra alí onde gobernamos que somos eficientes, honestos, que colocamos o concello ao servizo das persoas, capaces de dinamizar a economía e o tecido social dos municipios onde gobernamos”, manifestou Vence.

Sobre posíbeis pactos, o BNG agardará a coñecer “o mandato dos galegos e galegas” en maio, mais avanzou que estarán abertos a negociar concello a concello “co programa na man e con garantías de honestidade na xestión”. Nos vindeiros días, rematará de aprobar as candidaturas municipais, que poderán votar o 98% dos galegos e galegas.

O voceiro nacionalista defendeu un cambio no país, fronte “a propaganda sobre a recuperación do goberno de Núñez Feijóo”. Sinalou a caída da produción industrial e a perda de peso económico no conxunto do Estado, e puxo como exemplo a actual situación do sector leiteiro

 

Comentarios