1.544 (80,9 por cento) emitiron o seu voto no inquérito de Sermos a prol dunha Galiza soberana, en tanto que 326 o fixeron en favor dun país con máis autogoberno no marco dun Estado español federal. A opción continuista, a de se manter Galiza dentro do actual Estado das Autonomías, apañou apenas 28 votos, 1,4 por cento. Manifestaron non teren unha opinión formada só 10 persoas, 0,5 por cento das que participaron na sondaxe.
O inquérito tiña como orixe o debate tido no Sermos polo ex conselleiro e ex secretario xeral do PP Xesús Palmou e o ex parlamentar do BNG e presidente da Fundación Galiza Sempre Francisco Jorquera.