CONCELLO FUSIONADO EN 2013

O alcalde de Oza-Cesuras, do PP, carga contra o goberno central por ‘’discriminar’’ o concello

O rexedor critica que Ministerio de Facenda non lles aplique as vantaxes dos concellos fusionados. Feijóo apoia a demanda do alcalde.

Pablo González, alcalde de Oza-Cesures, o concello fusionado en xuño de 2013 e que ía abrir unha nova fase en ‘aforro municipal’ e ‘racionalización’ do territorio segundo Núñez Feijóo, está enfadado co goberno central. E, como relata La Voz de Galicia, quer facer ben visíbel e patente ese enfado, de aí que pendurase en diferentes puntos do concello oito faixas nas que acusa o goberno central de “discriminar” Oza-Cesuras.

Este Concello pide que se lle apliquen as vantaxes que se prometen na nova Lei Reguladora de Bases de Réxime Local para municipios fusionados. En Oza-Cesuras fixeron cálculos e cifran nuns 80.000 euros os que terían que recibir anualmente das arcas do Estado español.

O presidente da Xunta, sinala La Voz, xa se mostrou favorábel á demanda feita polo concello coruñés, e solicitou do Ministerio de Facenda ‘un xesto’.

Comentarios