Anova continúa a súa "rolda de xeiras", en Vigo

Esta cuarta-feira vaise realizar en Vigo unha nova xeira de Anova-Irmandade Nacionalista. O debate, titulado “Crise política e saída autoritaria do Réxime do 78”, terá lugar no Bar La Comedia ás 20:30 horas e contará coa participación do portavoz nacional de Anova Antón Sánchez, Xosé Manuel Beiras e Ana Ardid.

Antón Sánchez
photo_camera Antón Sánchez

A organización política Anova-Irmandade Nacionalista vén organizando ao longo destas semana actos públicos baixo o rótulo de Rolda de Xeiras. Segundo a formación, “as Xeiras son procesos de participación política transparentes e abertos a toda a militancia, simpatizantes e persoas interesadas no debate e discusión política”.

O obxectivo destes debates é contactar de forma directa coa cidadanía, “para ter conta das súas demandas” e “tomar posicións cara as eleccións municipais e europeas”. Unha Conferencia Política Nacional porá o ramo a estas xeiras.

Comentarios