Tecín soia a miña teia (Ana Pontón), Cartografías de Nación( Carme Adán), Enrolado no mar de Galiza Daniel Rodas e Debullando mazarocas (Tereixa Paz). Son os nomes dos blogues que est@s catro parlamentari@s do BNG activan nesta segunda feira.
Son ferramentas, espazos, ágoras nas que, indican desde a fronte nacionalista, “serán publicadas as informacións derivadas da actividade política, artigos de opinión, textos de interese e información relativa a xornadas, encontros, conferencias e actos políticos e sociais nos que habitualmente participan”. A isto engádese que nos blogues tamén terán cabida actividades extra-parlamentares e valoracións sobre cuestións de actualidade..
Bilateralidade
Mais estes soportes queren ser, e niso inciden, unha nova xanela aberta para ter contacto coa cidadanía. Máis unha canle para recibir achegas, críticas, opinións, ideas...