BNG, Anova e CxG toman o pulso ao nacionalismo galego nun debate aberto en Compostela

Será no decorrer da homenaxe ao nacionalista Xoán Manuel Rama Trillo, que fora tenente alcalde de Noia e realizarase o sábado 8 de febreiro.

lostres
photo_camera [Imaxes de arquivo]


Unha homenaxe ao político nacionalista Xoán Manuel Rama Trillo, que foi tenente alcalde de Noia, reunirá nun debate público sobre a situación do nacionalismo galego o voceiro nacional do BNG, Xabier Vence; o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras; e o responsábel de Compromiso por Galicia Xosé Manuel Pérez Bouza. 

"A pretensión última desta homenaxe é lembrar unha persoa que entregou a súa vida ao servizo do País sen buscar nada a cambio", explicou Xosé Chorén, un dos organizadores do acto e quen describiu Rama Trillo coma "un referente ético de compromiso con Galiza". 

O encontro, que leva por título O nacionalismo galego en clave de futuro, realizarase o 8 de febreiro --18h, salón de actos da Fundación Novacaixagalicia en Compostela-- e vaise debruzar sobre a folla de ruta do movemento nacionalista galego a tres meses das eleccións europeas e en pleno debate sobre a conformación das alianzas con que cada forza concorrerá a estes comicios.

Comentarios