O BNG cuadruplica o número de sinaturas que precisa para concorrer o 26X

Reuniu máis de 8.000 apoios por toda Galiza, cifra que multiplica por 4 a exixencia legal de presentar un número de firmas equivalente ao 0,01% do censo electoral.

ANA PONTON RECOLLIDA AVAIS ELECTORAIS A CORUÑA

O BNG recolleu máis de 8.000 sinaturas por toda Galiza como avais para que podan concorrer ás eleccións do 26 de xuño, cumprindo así co requisito legal de ter que presentar un número de apoios equivalente ao 0,01% do censo electoral. As firmas acadadas polo Bloque, e o prazo para recollelas finaliza aínda a vindeira segunda feira, case cuadriplican esa exixiencia froito dunha reforma pactada entre PP e PSOE.

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou na Coruña nun acto público de recollida de avais electorais e aproveitou para subliñar o “orgullo” de concorrer á cita con apoio de miles de galegos e galegas. “Esto é como consecuencia dunha recente reforma electoral pactada polo PP e polo PSOE, pero o BNG converte esta limitación nunha oportunidade e nun motivo de orgullo poder presentarse co aval de miles de cidadáns que, coa súa sinatura, apoian a presentación da nosa candidatura”, explicou.

Nova oportunidade

Pontón considera que eses miles de sinaturas son exemplo da “ilusión” de moitas persoas por ter unha “segunda oportunidade” que lle permita a Galiza recuperar a voz que perdeu en Madrid. A portavoz destacou que neo actual contexto “dous deputados do BNG poden ser a chave para a conformación do próximo goberno e iso sería moi positivo para Galiza e para darlle un cambio real as políticas do PP que recortaron servizos públicos, igualdade e machacan dereitos”.

Comentarios