O BNG demanda ao Goberno español que non retire o cartón sanitario a emigrantes que boten máis de 90 días fóra

A medida afecta especialmente a xente moza "obrigada" a saír do Estado perante a "falta de expectativas laborais", denunciaron as deputadas Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila. 

elas
photo_camera [Imaxe de arquivo: BNG]


"Tres meses non é un periodo de tempo suficiente como para deixar sen cartón sanitario milleiros de cidadáns", consideran Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila, as deputadas do BNG no Congreso español.

Por iso, as dúas asinan unha proposición non de lei e unha pregunta en que esixen o Goberno de Mariano Rajoy que non deixe sen dereito á sanidade pública @s emigrantes que fiquen fóra máis de 90 días, unha medida publicada no BOE do 26 de decembro de 2013 e que afecta especialmente a xente moza. 

12.854 galeg@s ''obrigados'' a emigrar

Segundo Rosana Pérez, "moitos" des@s moz@s "non ven outra saída que a emigración", véndose "obrigados" a procurar no estranxeiro unha oportunidade laboral perante a "falta de expectativas" que oferecen a Galiza e a España.

No noso País, foron un total de 12.854 as persoas mozas que fixeron as malas e marcharon no primeiro semestre de 2013 para o estranxeiro --7.174 fixérono para outras zonas do Estado--, tal e como sinalan os dados do Instituto Nacional de Estatística.

Comentarios