O BNG denuncia o seu 'amordazamento' no Parlamento

Deputad@s nacionalistas permaneceron cunha mordaza durante a sesión de preguntas ao Presidente en protesta pola prohibición de facer a pregunta de control.

BNG mordaza Parlamento

@sdeputad@s do BNG permaneceron cunha mordaza na boca durante a sesión de control ao presidente da Xunta de Galiza. Un acto co que escenificaron o seu protesto pola decisión da Mesa do Parlamento de impedir, por primeira vez,  formular a pregunta parlamentaria de control ao presidente da Xunta .

Para @s nacionalistas, este impedimento é máis un recorte dos dereitos d@s deputad@s a exercer o seu labor parlamentar. O BNG rexistrou, recentemente  na Cámara un recurso de reconsideración co fin de anular un acordo “que incumpriu todas as garantías procidementais e cun cambio de normas modificadas “arbitralmente”.

Nesa ocasión, o portavoz do grupo parlamentario, Francisco Jorquera cualificou o acordo entre PP e PSdeG de “discrecional e discriminatorio”. O BNG recorrerá ante o Tribunal Constitucional o acordo da Mesa do Parlamento que recorta ás inciativas e intervencións nacionalistas.


 

Comentarios