MUNICIPAIS2015

O BNG presenta as candidaturas nos concellos da Coruña; Ciudadanos e PP en Vigo

Últimos días de precampaña. As formacións políticas apuran a presentación das súas candidaturas nos distintos concellos do país. 

Presentación do BNG na Coruña (Foto: BNG)
photo_camera Presentación do BNG na Coruña (Foto: BNG)


BNG

O BNG-Asambleas Abertas presentou este domingo as candidaturas a todos os concellos da comarca da Coruña nun acto conxunto en Cambre. O responsábel comarcal dos nacionalistas, Paulo Carballada, destacou que as prioridades son a creación de emprego e as políticas sociais “fronte a política localista dilapidadora de recursos públicos”.

Carballada asegurou que os consistorios gobernados polo BNG serán “ferramentas de cambio e ruptura” e apostou por un novo modelo de xestión, coa creación dun área metropolitana. 

As e os candidatos nos distintos concellos serán Xosé Manuel Carril na Coruña, Cristina López en Abegondo, Xosé Manuel López en Aranga, Silvia Seixas en Arteixo, David Carro en Bergondo, Henrique del Río en Betanzos, Dani Carballada en Cambre, Vitoria Louro en Carral, Rocío da Igrexa en Cerceda, Pura Ferreño en Coirós, Tono Chouciño en Culleredo, Rosa Rivas en Irixoa, Olalla Barro en Miño, y Fran Rei en Oleiros.

PP

A candidata municipal do PP en Vigo, Elena Muñoz, desvelou por fin a súa lista para os comicios do 24 de maio. A ex conselleira de Facenda terá como número tres a José Manuel Figueroa, líder popular durante os últimos anos e vicepresidente da Deputación de Pontevedra. 

No número dous irá o actual presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, como adiantar este sábado nas redes sociais. A outra novidade da lista será Elena González Sánchez, que fora presidenta Federación de Asociaciones de Vecinos de Vigo. Os populares mostraron o seu apoio a Muñoz e consideran que “será capaz de devolverlle o liderazgo á cidade e o impulso que perdeu en Galiza”.

Ciudadanos

O empresario Jorge Portela López foi elixido candidato de Ciudadanos á Álcadía de Vigo. Portela, que traballou sempre no sector privado e non ten relación anterior coa política, recibiu o aval da dirección de Madrid. 

Portela definiu a súa candidatura como unha aposta pola “rexeneración política” porque “xorde da sociedade civil”, segundo información recollida pola axencia Europa Press.

PSOE

“Un partido contrastable, capaz de levar as contas de forma responsable”. Así definiu o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, as candidaturas da súa formación nas vindeiras eleccións municipais.

Nunha entrevista en Radio Galega, Besteiro destacou a xestión dos socialistas en Vigo e na Deputación de Lugo, onde apuntou que terán “débeda cero” fronte a “débeda absolutamente descontrolada na Coruña”, onde goberna o PP.

UPyD

A nova coordinadora de UPyD en Galiza, Ana María Alonso, asegurou que a súa formación ten se recuperado xa das baixas de decenas de militantes cara a Ciudadanos.

Alonso considerou que o partido liderado por Rosa Díez saiu “reforzado” e que é a formación de Albert Rivera quen ten “moito que demostrar”. 

Comentarios