O CIS outorga unha clara maioría absoluta ao PP

Feijóo camiña con paso firme cara ao seu terceiro mandato, de se confirmaren os dados do CIS, feitos públicos ao fío das 12.30 horas desta quinta feira. 40-41 escanos para a formación conservadora. Pelexa de En Marea (15/17) e PSdeG (16) pola segunda praza. BNG obtén 2 escanos. Cs podería conseguir representación por Pontevedra. Titulares de urxencia do CIS das galegas.

Urnas.

De acordo co inquérito do CIS, o reparto de votos e escanos por circunscricións sería o seguinte:

A Coruña.

PP. 45,5% do voto. 13 escanos.

En Marea. 20% do voto. 6 escanos.

PSdeG-PSOE. 19,2% do voto. 5 escanos.

BNG. 5,1% do voto. 1 escano.

Ciudadanos 4,4% do voto. 0 escanos.

Lugo

PP. 51,2% do voto. 9 escanos.

PSdeG. 20,2%. 3 escanos.

En Marea. 15,9%. 2 escanos.

Ciudadanos. 4,3%. 0 escanos.

BNG. 3,5%. 0 escanos.

Ourense

PP. 50,5 % do voto. 8/9 escanos.

PSdeG. 19,5%. 3 escanos.

En Marea. 16,7%. 2/3 escanos.

Ciudadanos. 4,1% do voto. 0 escanos.

BNG. 3% do voto. 0 escanos.

Pontevedra

PP. 39,8% do voto. 10 escanos.

En Marea. 22,4% 5/6 escanos.

PSdeG. 20,9% 5 escanos.

BNG. 7,1%. 1 escanos.

Cs. 5,1%. 0 escanos.

No conxunto da Galiza, o prognóstico do CIS é o seguinte:

PP. 44,9% do voto (40/41 escanos).

En Marea, 19.9% do voto (15/17)

PSdeG. 19,9% do voto (16).

BNG. 5,3% do voto (2).

Cs. 4,6% do voto (0/1).

O inquérito foi realizado sobre unha mostra de 3.450 entrevistas, entre o 29 de agosto e o 2 de setembro.

O 35,8% das persoas que irán votar declaran non teren aínda decidido o seu voto

O 73,3% das persoas entrevistadas declararon ter intención de ir votar o 25 de setembro. O 35,8% delas afirmaron non teren aínda decidido o seu voto. Entre as persoas indecisas o maior grao de dúbida áchase entre o PSdeG e En Marea (o 12,1%) e, a seguir, entre o BNG e En Marea (6,8%).

Os dados son en xeral bastante positivos para o PP no que atinxe á avaliación do labor do goberno Feijóo. É moi sintomática a diferente visión que teñen as persoas entrevistadas sobre o estado en que se acha Galiza e o que apresenta España: un 26,6% consideran que a situación do noso país é moi boa (3,2%) ou boa (23,4%), en tanto que esa cifra baixa ao 6,6% (0,7% moi boa e 5,9% moi boa) cando se refiren ao Estado.

Coñecimento de candidatas e candidatos

No que atinxe ao grao de coñecimento das e dos aspirantes a presidir a Xunta, ningunha sorpresa. Feijóo é con moito o candidato máis coñecido, só o 1,5% afirma non saber quen é. A súa valoración é un 5,24, o único político aprobado polas persoas entrevistadas. Leiceaga (PSdeG) é coñecido polo 48,4% e obtén unha puntuación de 4,29. Saben quen é Ana Pontón (BNG) o 42,4% e ten un 4,47. A Villares coñéceo o 33,3% das persoas entrevistadas e a súa nota é o 4,62. Como fechacancelas aparece Cristina Losada, 31,9% de grao de coñecimento e unha puntuación de 4,07.

Comentarios