Compromiso súmase ás voces a prol dun 25 de xullo unitario “e liderado pola cidadanía”

A formación galeguista considera unha “necesidade” que haxa unha “plataforma cidadá galega” de cara ás eleccións xerais.

Xoán Carlos Bascuas e Izaskun Bilbao
photo_camera Xoán Carlos Bascuas e Izaskun Bilbao nunha homenaxe a Castelao

Un Día da Patria “conxunto e liderado pola cidadanía” é a aposta de Compromiso por Galicia para o 25 de Xullo, unha xornada na cal, dixo o secretario xeral da formación, Xoán Bascuas, as organizacións políticas “sexamos simplemente un instrumento” que acompañe.

Para Bascuas, é preciso “visibilizar a necesidade” dunha “plataforma cidadá galega” para as eleccións xerais, plataforma que sirva “para propiciar un cambio” á vez que “para garantir que Galiza teña voz propia no escenario político que se abre no Estado”.

Política municipal

Lalín vai ser esta fin de semana escenario ndas xornadas de política municipal organizadas por CxG e na que participarán alcaldes e concelleiros da formación galeguista. O obxectivo da xornada, segundo Bascuas, é o de “facilitar o traballo dos nosos cargos públicos nos concellos coa finalidade de desenvolver unha política eficaz dende goberno ou unha labor fiscalizadora e propositiva contundente pero responsable, dende a oposición”.

Comentarios