Condena histórica a Marcial Dorado, o antigo amigo de Feijóo

O narcotraficante, castigado a seis anos de cárcere e 21 millóns de indemnización por lavar cartos procedente de actividades ilegais nos anos 80.

dorado
photo_camera Dorado e Feijóo

Seis anos e un día de prisión e multa de 21,5 millóns de euros por facer pasar por legal diñeiro do narcotráfico pero absolto do delito de violación de secretos. En todo caso unha pena histórica pola cantidade da indemnización e simbólica pola identidade do castigado: Marcial Dorado, o coñecido narcotraficante que compartía amizade, viaxes de ocio e paseos en iate nos 90 co actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

A Audiencia Nacional afirma na sentenza que non pode probar que os cartos que ingresaba Dorado procederan do narcotráfico, pero considera que a súa actividade empresarial non podía xustificar esas cantidades, que a defensa do condenado intentou relacionar co contrabando nos 80.

Unhas imaxes de Dorado e Feijóo xuntos nun iate hai ano e medio causaron un gran escándalo na política galega, posto que cando se sacaron -a mediados dos 90- o actual presidente da Xunta xa era alto cargo na administración autonómica e Dorado xa fora en varias ocasións relacionado con actividades ilegais.

Comentarios