Convocan concentracións solidarias con Venezuela

Decorrerán esta quinta feira en Compostela e sexta feira en Vigo convocadas pola Agarb e para rexeitar as últimas medidas adoptadas por EUA sobre o país sudamericano. 

Concentración solidaria con Venezuela en Vigo
photo_camera Concentración solidaria con Venezuela en Vigo

A Associaçom Galega de Amizade com a Revoluçom Bolivariana (Agarb) conoca dúas concentracións, en Compostela e Vigo, baixo o lema ‘Alerta anti-imperialista’ para denunciar e rexeitar o que entenden que é por parte de EUA unha estratexia para invadir Venezuela. Nun comunicado, consideran que as sancións aprobadas por Estados Unidos, así como a inclusión do país sudamericano na lista de ‘’ameazas á seguridade nacional’’ procuran derrubar “o lexítimo goberno de Nicolás Maduro”.

A orde asinada por Barcak Obama é, aseveran, “unha declaración de guerra” contra o pobo venezuelano. En solidariedade con el convocan unha concentración esta quinta feira en Compostela (20:30 horas, Praza do Toural) e sexta feira en Vigo (20:00 horas, consulado de Venezuela).

Tamén en Vigo, e nesta terza feira, hai unha concentración solidaria con Venezuela convocada pola Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez. Será ás 20:00 horas na Farola.

Comentarios