A Deputación de Pontevedra denunciará o alcalde de Vilanova por incitación ao odio

gonzalo-duran-hermida-archivo-e1440238215614
photo_camera gonzalo-duran-hermida-archivo-e1440238215614

Os servizos xurídicos da Deputación de Pontevedra presentarán nos tribunais de Xustiza unha denuncia contra o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán (PP), por entender que as súas declaracións sobre Carmela Silva, presidenta da entidade, constitúen unha “posíbel incitación ao odio", para alén de ser un ataque “machista”, “inxurias” e “calumnias”.

O portavoz do goberno da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, solicitou a demisión do rexedor e instou os cargos da Xunta e do Partido Popular a pronunciarse e condenar este tipo de actitudes, "de tal gravidade que non se trata dunha defensa da persona", neste caso da presidenta da Deputación, senón de "saír con valentía" ante un "ataque á dignidade de todas as mulleres".

"Non imos consentir estes ataques machistas, clasistas e fascistas; e moito menos en voz daqueles que ostentan cargos públicos e que estes ataques poidan quedar impunes", afirmou.

Comentarios