Feijóo anunciará hoxe a data das eleccións

O presidente da Xunta reunirá esta tarde a súa equipa de goberno.

Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Foto: Irene Pin
photo_camera Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Foto: Irene Pin

Nun acto decorrido esta mañá (1 de agosto) na Coruña o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo avanzou que anunciará a data das eleccións esta tarde após unha xuntanza coa súa equipa de goberno. 

Feijóo reunirá o Consello da Xunta esta tarde e posteriormente dará a coñecer a data dos comicios

Desta maneira aclarará cando terán lugar os comicios ao Parlamento de Galiza toda vez que o presidente Íñigo Urkullu os fixou para o 25 de setembro en Euskadi. 

Esta segunda feira é o último día para convocar as eleccións se Feijóo quere que estes coincidan coas vascas pois o decreto de disolución da Cámara tería que ser publicado no DOG mañá (2 de agosto). 

"Temos que decidir o que cremos que é mellor para Galiza e para esta situación atípica e excepcional que estamos vivindo desde o punto de vista electoral en España", sinalou en declaracións recollidas por Europa Press. 

"Levamos dúas eleccións consecutivas en setes meses e agora tocan dúas eleccións autonómicas a pouca distancia", acrecentou. Así as cousas, aclarou que "o día do hoxe non remata agora", "temos todo o día" para "adoptar esa decisión". 

Comentarios