PLENO PARLAMENTO DE GALIZA

Feijóo desvía a solución do drama dos doentes con Hepatite C a unha comisión

O presidente afirma, a preguntas do BNG e AGE, que implementarán “de forma inmediata” os tratamentos que cumpran os criterios dos expertos. A oposición repróchalle que o goberno galego non se implique en solucionar o grave problema destes doentes.

Feijóo

O presidente da Xunta afirmou no Parlamento galego que “imos tratar de forma inmediata os doentes” de Hepatite C “que cumpran os criterios”. Díxoo na sesión de control e en resposta a preguntas do BNG e AGE sobre este drama que afecta 45.000 galeg@s. Nacionalistas e Alternativa exixiron ao presidente que o seu goberno adoptase medidas para poñer fin a un problema “que afecta a vida de moitas persoas, que están no corredor da morte á espera do tratamento” (Francisco Jorquera, BNG). Feijóo reiterou máis unha vez a versión do PP de que a decisión non é política senón técnica’. Dixo que é un grupo de expertos, de médicos, os que deciden. E que o que eles digan é o que se fai.

Mais BNG e AGE deron argumentos para desmontar esa versión feijoniana nun debate no que os deputados de Alternativa deron as costas ao presidente mentres falaba. Jorquera lembrou que había criterios económicos fixados polo goberno: 125 millóns de euros para afrontar un problema que só en Galiza sofren 45.000 persoas. A vice-portavoz de AGE, Yolanda Díaz, preguntou a Feijóo “canto vale para vostedes unha vida humana?”.

Foi a mobilización dos doentes e da sociedade a que obrigou ao PP a mover ficha a nivel de Estado e que deu lugar ao borrador dun Plan Estatéxico , lembrou Jorquera. E pediulle a Feijóo que ante esa nova porta aberta “non permaneza impasíbel, poña todos os medios para que se apliquen as medidas”. 

Comentarios